miércoles, 5 de diciembre de 2018

EMPEZAMOS A NOSA VIAXE!


Bos días, hoxe empezamos o noso blogue, nel poderedes ver todo o que facemos dunha maneira máis periódica. 
Esta primeira entrada está dedicada a nosa viaxe polo mundo! Fai tres semanas apareceu un globo terráqueo na asamblea e toda a clase estaba chea de bandeiras de diferentes países do mundo. Falamos un pouco sobre o qué sabíamos do mundo… botádelle un ollo:
- Aarón: hai ríos
- Blanca: hai diferentes mundos, o mundo de Madrid, o mundo de Ribadavía, etc...
- Sara: o globo terráqueo é redondo
-Rosalía: hai volcáns
-Thiago: hai dragóns e casas
-Isaac: hai edificios, terra, cociñas, bandeiras…
-Lucas: hai árbores, terra, mundos…o mundo da xente que vive nas aldeas e tamén os mundos dos rinocerontes.
-Lía: o mundo é redondo
-Clara e Lara: hai dinosaurios

Despois falamos do que nos gustaría saber: se hai dinosaurios, onde está o Polo Norte e o Polo Sur, como é a xente que vive en todos os mundos, onde estamos nos no globo terráqueo, as diferentes casas do mundo, e cales son as bandeiras da clase.

Puxémonos máns á obra! Cada un de nos fixo a súa propia Terra que temos colgadas na clase! Ademáis, buscamos varios mapas en internet e atopamos mapas do mundo rectangulares con varias cores, seica cada cor era un continente e no mundo hai 5! Animámonos e fixemos unha maqueta do mapa do mundo para ter na clase sempre con nos, levounos un pouco de traballo e moita cola pero gustounos moito o resultado!
No seguinte video podedes ver as nosas primeiras semanas da nosa viaxe polo mundo!

LA VUELTA AL MUNDO from RIBADAVIA on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario