O venres tivemos unha visita moi especial, o avó de Sara visitounos para contarnos a súa viaxe por China! Tivemos a oportunidade de preguntarlle moitas dúbidas que tiñamos e él respondeunos a todas!
Gracias a súa visita xa sabemos/comprobamos que:
- Hai Pagodas de moitos tamaños, feitas de madeira rodeadas de bonitos xardíns
- Non toman moito café chino, prefiren o té
- Hai farolillos vermellos e de todas as cores
- Un dos medios de transporte máis utilizados son as bicis, ata hai taxis-bici!.
- O traxe chino está feito de seda, falamos dos vermes de seda e da elaboración desta.
- A muralla China é moi longa e moi ancha, ata pode pasar un coche por ela.
- As fincas son traballadas por patos labregos, que ían e volvían delas dunha maneira moi peculiar
Falamos de todo isto e de moitas cousas máis. Dámoslle as gracias pola súa visita e invitámolo a volver cando viaxemos a outro continente!
No hay comentarios:
Publicar un comentario