Xa rematamos a nosa viaxe por Europa con esta maqueta do Teide. Elaborámola con restos de plastilina, botella de plástico, pedras, areas e moita cola. Non podían faltar os tajinastes bermellos e o teleférico máis longo!
Unha vez que tiñamos todo listo empezaron as erupcións volcánicas con vinagre e bicarbonato: as primeiras non saíron moi ben, rápidamente dímonos conta do que facía falta, primeiro remexer mellor o bicarbonato coa auga e despoís botar o dobre de vinagre!
jajajajajaja é boísimo!!! as caras son auténticas!! jaja e que poidan desfrutar da experimentación e de descubrir cousas e buscar tesouros no patio é xenial! Coma sempre profe, molas mil! :)
ResponderEliminar